Posto que nos últimos tempos son cada vez máis as persoas que acoden a nós na
procura de axuda ante a ameaza de quedaren sen vivenda, dende STOP
Desafiuzamentos A Coruña decidimos abrir
un espazo de asesoría colectiva coma os que xa están a funcionar noutras comarcas
galegas e tamén en moitas cidades do Estado español.
Así, convidamos a tódalas persoas
afectadas por situacións de desafiuzamento á asemblea que imos facer o vindeiro
sábado 5 de Outubro na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16), ás 11:00hrs.
Con este encontro o que procuramos é reunir
á xente ameazada por procedementos de desafiuzamento, compartir información sobre como facer fronte a esas ameazas, xerar un acompañamento afectivo ás
persoas afectadas e pensarmos conxuntamente accións de denuncia colectiva desta situación.
A nosa intención é realizar estas asembleas
periodicamente, para deste xeito fomentar
a autoorganización e combater a sensación de vergoña que moitas veces
invade ás persoas que, malia a seren vítimas
da violencia estrutural,
demasiado a miúdo optan por cargar con este abuso na súa intimidade.
Ca realización destas asembleas colectivas queremos tamén axudar a visibilizar que no contexto socioeconómico
actual as situacións de desafiuzamento non se poden vincular estritamente á mala
sorte ou a unha mala praxe persoal, senón que na maioría dos casos estamos
ante exemplos persoais dun problema que
xa é social e, polo tanto, contra o
que cómpre loitar colectivamente.
Hola a todos: Soy Ricardo y estuve en la asamblea. Los que asististeis quizás os acordéis de mi.
ResponderEliminarEl motivo del presente es manifestar que mereció la pena el haber asistido y que veo posibilidades en cambiar la situación mediante la unión de todos.
Bueno por ahora nada más, un saludo y os dejo mi dirección de contacto para lo que queráis, aunque solo sea para desaogar.
Ricardo Costa. ricardocostaparada@gmail.com
Nota: Esta dirección es la que he abierto exclusivamente para este tema.