Dende o colectivo Stop Desafiuzamentos Coruña
queremos agradecer a colaboración e solidariedade de toda a veciñanza da Coruña
que freou o desafiuzamento de Elisabeth Sanles previsto pras 10:30 do día 8.
Ao mesmo tempo que a xente se concentraba na rúa pra impedir
a barbarie que supón a conculcación dun dereito básico e universal coma é o da
vivenda, a corporación municipal rexeitaba respostar a unha pregunta sobre o
presente caso no pleno do concello. Emprega o silencio que a mesma institución
impón a hora de solucionar un conflicto que xa é unha realidade en forma de
emerxencia social que ameaza a non menos dun 25% da poboación galega, aquela poboación
que se atopa desempregada.
A orde de lanzamento que no día de hoxe non se puido
executar, segue vixente ate que as institucións competentes se encarguen de
solucionar o. Tanto a Xustiza, coma a Consellería de Traballo e Benestar, a Concellaría
local de Servicios Sociais, a Concellaría de Vivenda e o Instituto Galego de
Vivenda e Solo teñen coñecemento do caso e teñen obriga de resolver a citada
situación da execución inminente do desafiuzamento e a situación de desamparo que a realización desta
orde conlevaría.
Dende Stop Desafiuzamentos Coruña esiximos: que se cumpra o
convenio asinado pola Xunta, a FEGAMP e o CGPJ, que se cumpran os protocolos
derivados dese convenio, que se dea resposta á necesidade de vivenda dunha
inmensa maioría da poboación e que as institucións deixen de lexislar contra o
pobo.
Por todo isto, convocamos para a mañán do mércores 9 ás
09:00h unha nova concentración pra evitar
o desafiuzamento de Elisabeth e esixir o dereito universal á vivenda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario