Páginas

domingo, 6 de octubre de 2013

Convocatorias contra o desafiuzamento de Elisabeth


O vindeiro martes 8 ás 10:30hrs. da mañán está previsto o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés, unha muller nai de tres fillos, con escasos 200 euros para vivir e que non pode facer fronte ao pago do alugueiro da súa casa.

Ante a vaga de solidaridade que en diferentes puntos do Estado están a frear varios desafiuzamentos, os corpos policiais están a implementar dispositivos cada vez máis fortes e marciais, coma é o acordonamento e establecemento dun perímetro de seguridade dende horas antes de tentar levar a cabo citado desafiuzamento.

En previsión desta posíbel situación, comenzaremos unha vixilia e retén a partires das 20.30hrs. de mañán, luns día 7, no portal de Elisabeth: R/Antonio Noche López, nº30, no barrio de O Castrillón.
Ao día seguinte –martes 8- concentrarémonos nas inmediacións da súa vivenda a partir das 9:00hrs.

Solicitamos a axuda de tódolos colectivos sociais e da ciadanía en xeral pra deter esta barbarie ante a que os poderes públicos se están a amosar indiferentes.

Agradecemos enormemente o voso apoio e a difusión desta convocatoria.

Porque xuntas e xuntos podemos!!!
Galiza libre de desafiuzamentos!

______________

Ademáis, queremos pedir tamén apoio para deter o desafiuzamento de Sandra, que se vai producir este luns día 7 ás 10h en Cabanas. Tedes máis información aquí e aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario