Páginas

viernes, 4 de octubre de 2013

O caso de Elisabeth


No día de hoxe, o caso de desafiuzamento de Elisabeth Sanlés segue seu discorrer previsto. O martes día 8 ás 10:30 da mañán, executaráse o lanzamento previsto polo poder xudicial.
Ao longo do presente día, o xuíz instructor do caso acreditou a clara situación de vulnerabilidade social no presente caso, calificación que o técnico de Servicios Sociais, Jose Luis Quintela, negou en reiteradas ocasións. O mesmo xuíz declarou que a orde de lanzamento non podía deterse ao abeiro do protocolo que Xunta, FEGAMP e Consello do poder Xudicial asinaran, porque o mesmo non ten validez xurídica ou base legal algunha.

Ao longo da mañan membros do colectivo Stop Desafiuzamentos e cidadanía da Coruña acudiron á oficina de Servicios Socias para reunirse con Jose Luis Quintela esixíndolle unha solución á situación, que logo de 2 meses e por desidia do citado responsable e da área de Servicios Sociais do concello da Coruña, sitúa a Elisabeth Sanlés ao borde da inanición social. A resposta do Técnico da área consistiu en ameazas e insultos os alí presentes, na publicitación de datos referentes ó expediente de Elisabeth vulnerando a privacidade e confidencialidade das relacións administrativas e xurídicas entre o ente público e o demandante da intervención social. Ameazas que ficaron retratadas baixo a frase "y a ti (por Elisabeth) no te atiendo más" nunha actitude vehementemente camorrista e manifestamente despótica.

En troques de poñer tódolos esforzos en frear a orde de desafiuzamento ao longo do día, o concello en palabras do responsable de Servicios Sociais, Miguel Lorenzo preferiu insinuar que Elisabeth rexeitara un piso de protección oficial. Caíndo, non só na mentira, se non na manipulación da información. Elisabeth Sanlés solicitara un piso de protección oficial. Na mesma petición, sinalaba os condicionamentos froito da súa enfermidade (fibromialxia) coma era a imposibilidade de acceso á citada vivenda de tratárense dun piso de máis de 2 alturas sen ascensor. O IGVS concedéralle un 4º sen ascensor, recoñecendo a citada institución seu erro e a subsanación do mesmo, pasando a suprimir a citada concesión ao non cinguirse aos condicionamentos expresados e dos que xa o IGVS tiña coñecemento.
A citada información non so vulnera os dereitos de privacidade e confidencialidade de Elisabeth Sanlés, se non que aviva un falso xuízo moral da súa persoa, que vése ameazada por un desafiuzamento e unhas condicions económicas por enbaixo do umbral da pobreza coma pra poder desenrolar a súa autonomía e independencia persoal libremente.

O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo publicitou ao longo destes días a existencia dun “protocolo” pra casos coma os de Elisabeth. Ao mesmo tempo, anunciase a creación dunha oficina en Santiago de Compostela coa finalidade de procurar “unha solución caso por caso”.Resulta curioso coma namentres o “protocolo” anunciado non ten validez algunha no xurídico, xa se prepara unha oficina de xestión na capital do país, esquencendo a realidade: a falta de recursos que non permite o pago da hipoteca/alugueiro pra Núñez Feijoo semella abondar pra os custos de desplazamento á capital do país, de familias condenadas á carestía social.

Neste punto, remarcar, que no caso de Elisabeth o IGVS concedéralle unha vivenda de protección oficial, que non puido desfrutar porque o emplazamento non reunía as condicións de acondicionamento requeridas na devandita solicitude e amparadas polo informe médico correspondente.
O concello non só non impide o lanzamento de Elisabeth, non só precariza a accesibilidade a recursos pagados por tódalas coruñesas e coruñeses, non só imposibilita a resolución dun conflicto, se non que evade responsabilidades insinuando "a non necesidade" e "non vulnerabilidade" dunha muller que cobra 216 euros ao mes, atópase ameazada por unha orde de desafiuzamento e sen ningunha axuda prevista no famoso programa "de emerxencia social" que o concello publicitou e presumiu coma reforzo ante a situación de crise social actual, dotándoa de 1 millon de euros, que a vista dos acontecementos resulta insuficiente, non así o aumento dos orzamentos vía crédito do concello pras festas, namentres a súa poboación morre de fame e afogada nun marasmo de necesidades básicas non satisfeitas.

O caso de Elisabeth é un dos moitos que acontecen diariamente na cidade da Coruña. Coa flagrante falta de apoio institucional que se torna en agresividade moral baixo o mantra "hai gente peor que tú" igulándonos a todos no sufrimento e na carestía, en troques de garantir uns mínimos de existencia digna.
Por iso convocamos a toda a cidadanía da coruña a que o día 8 ás 09:00 da mañán acudan á rúa Antonio Noche 30 a frear a barbarie que a ninguén semella interesarlle deter. Todas xuntas podemos. A vivenda non é un ben da especulación, senon un dereito básico recollido en tódalas cartas magnas, entre elas, a Declaración Universal dos Dereitos do Home. E por iso, solicitamos a solidaridade de tódalas persoas ante o ataque indiscriminado aos nosos dereitos básicos nunca satisfeitos, coma é o caso da vivenda.

Nesta cidade NON SE DESAFIUZA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario