Páginas

martes, 22 de octubre de 2013

Presentación da solicitude de vivenda no IGVS

A abstracción teórico e xurídica "dereitos humanos"recolle ou formula un sentido do que poderíamos chamar "necesidade humana": A garantía de que ningún sistema económico ou moral privaría a ninguén do desenrolo da súa propia existencia. A realidade é ben diferente.
Mañán mércores 23 presentaráse a solicitude para a adxudicación directa dunha vivenda protexida para Elisabeth Sanles ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), ó amparo do establecido no artigo 53-1 da Lei 18/2008 de Vivenda de Galicia e dos artigos 47 e seguintes do Decreto 253/2007 do réxime xurídico do solo e edificacións promovidas polo IGVS.
Esta petición argumentaráse no que se entende que é unha "situación urxente de vivenda", por integrar unha familia numerosa (ela está separada e ten tres fillos menores de idade), ter como único ingreso unha prestación por desemprego mensual de 216'79 €, e estar pendente dun desafiuzamento inminente a pesares de que tanto a Xunta coma o propio xuíz recoñeceu que se trata dunha situación de vulnerabilidade social.

Namentres as administracións, conscientes e informadas desta situación de precariedade e vulnerabilidade, xogan a pasarse a pelota, Elisabeth segue dando pasos para asegurarse unha solución. Pasaron dúas semanas e ela segue sen unha resposta. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos xa preguntou en varias ocasións ás administracións do Estado español que solución van dar ós casos de desafiuzamento para que haxa un realoxo que garanta o dereito á vivenda como un dos Dereitos Humanos (artigos 3 e 8 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos). O que está a demostrar este proceso é a falta de interese por parte das institucións de garantir calquera dereito básico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario