O
18 de febreiro do ano
2013 a cidade da Coruña demostrou que as redes comunitarias baseadas na
solidariedade, conciencia, empatía e afectos son as armas máis fortes
para facer fronte á "inxustiza lexislada". Naquel día, centos de persoas
concentrámonos na rúa
Padre Feijoo e freamos o desafiuzamento de Aurelia Rey.
Mañá, xoves 10 de xullo, dúas compañeiras e un compañeiro serán xulgadas polo simple feito de terlles solicitado o número de placa a un policía que previamente lles pedira o seu número de DNI. No actual contexto de criminalización gubernamental da solidariedade e terxiversación capitalista dos valores humanos máis fundamentais, estas persoas foron acusadas dun "delito" consistente en “obstaculizar a rúa e o paso de vehículos”, sen que a día de hoxe se teña nin sequera concretado o tipo delictivo referido -malia a ter sido solicitado fai meses como “cuestión previa” por parte das avogadas das persoas afectadas-.
Para denunciar esta
situación de abuso, visibilizar a represión á que nos teñen sometidas e
arroupar a estas compañeiras, concentrarémonos
mañá a partir das 09:30hrs. diante dos xulgados da Praza Monforte (A Coruña). Porque
se tocan a unha, tòcannos a todas.
Asemade, o vindeiro SÁBADO 12 de XULLO animamos a toda a
cidadanía a participar na manifestación que partirá ás 20.00hrs. dende a Praza de María Pita baixo o lema REPRÍMENNOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI,
convocada co obxectivo de visibilizar a
violencia represiva que o Partido Popular está a empregar contra as persoas e colectivos
que denunciamos publicamente a destrución dos máis elementais dereitos humanos
e sociais que está a executar o goberno do Estado.
Acompañamento
xuízo
|
||
DATA
|
HORA
|
LUGAR
|
Xoves
10
xullo
|
09.30hrs.
|
Xulgados da Praza Monforte
(A Coruña)
|
Manifestación REPRÍMENNOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI
|
||
DATA
|
HORA
|
PUNTO DE SAÍDA
|
Sábado
12
xullo
|
20.00hrs.
|
Praza
de María Pita
(A
Coruña)
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario