Páginas

viernes, 19 de diciembre de 2014

Elviña non se vende, Elviña se defende

Desde STOP Desafiuzamentos A Coruña queremos informar da concentración que a veciñanza de San Vicente de Elviña vai realizar ás 20:30h da tarde de hoxe, venres 19 de Decembro, contra a especulación que acorrala ao poboado de Elviña, o derrubo da casa de Isabel e Álvaro, as ameazas veladas que o Concello vén de realizar contra as vivendas afectadas pola obra dunha ponte tan innecesaria como irreverente. E contra a política urbana dunha cidade que blinda o interese privado e desaloxa das nosas vidas o ben comunitario.

Agora que unha sentencia declara nula a licitación da obra do Ofimático, o Concello reúnese cos promotores para negociar solucións a medida. A veciñanza afectada, malia pagar as cuotas de urbanización, non ten dereito a nada, só a sofrir desprezo e violencia: o Concello derrubou a casa de Isabel e Alvaro sen respostar ás alegacións presentadas en Maio, e sen agardar pola resposta do TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) ó recurso presentado en Decembro. A consigna foi derrubar sí ou sí.

A xente díxoo e amosouno nas últimas semanas. Non queremos máis derrubos. San Vicente de Elviña é barrio e aldea da cidade, e as persoas que alí viven son veciñanza vivinte. A intervención sobre Elviña non é necesaria, mais sí insensible e rutinaria. É unha invasión. A hipotética circulación da urbanización pantasma pódese garantir con solucións máis sinxelas e baratas, e urbanísticamente máis funcionais.

Os veciños e veciñas de San Vicente de Elviña queren ficar, e que ninguén máis teña que marchar. Por iso dende STOP Desafiuzamentos A Coruña sumámonos á presente convocatoria e convidamos a toda a cidadanía a defender Elviña e frear o monstruoso desenrolo dunha cidade que medra de costas ás nosas necesidades básicas nunca satisfeitas.

NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario