jueves, 14 de abril de 2016

Recepción ao ciclista do tour de promoción da campaña #Las5delaPAH

O obxectivo de Néstor Yuguero é reivindicar as cinco esixencias das Plataformas de Afectados pola Hipoteca (PAHs) dentro da campaña #Las5delaPAH e o seu instrumento é a bicicleta coa que está percorrendo toda España para dar a coñecer as reivindicacións da PAH: a dación en pago, uns alugueiros con prezos accesibles, o cese dos desafiuzamentos, mellorar o parque de vivenda social e que os suministros estean garantidos. Néstor chegará hoxe entorno ás 19.00 horas a Coruña e será recibido por Stop Desafiuzamentos A Coruña a esa mesma hora no Obelisco.

#‎Las5delaPAH‬ é unha campaña das PAHs a nivel estatal para demandar ao Congreso dos diputados cinco medidas de mínimos para rematar coa emergencia habitacional e a pobreza energética que sofren centos de milleiros de familias Neste contexto, Néstor, que forma parte da PAH de Ripollet, propuxo facer o #‎TourLas5delaPAH‬. Dende o 10 de Febreiro , o ciclista ten viaxado por todo o estado en bicicleta coa intención de motivarnos a todas nunha loita polo cambio de lei a nivel estatal.

A viaxe de Néstor compónse de tres etapas: de Ripollet (Barcelona) a Sevilla (roteiro xa completado); Sevilla-A Coruña (na que está agora) e unha última etapa da Coruña de volta a Ripollet (Barcelona).




Cita
Recibimento de Stop Desafiuzamentos ao ciclista Néstor Yuguero dentro da campaña #Las5delaPAH
Lugar
Obelisco
Día
Xoves 14 de Abril de 2016
Hora
En torno ás 19.00 horas


NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario